Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / PREINSCRICIÓN NAS PROBAS DE ACCESO DO CURSO 2009-2010 NA E-TRAD

PREINSCRICIÓN NAS PROBAS DE ACCESO DO CURSO 2009-2010 NA E-TRAD

Varios

A Escola de Música Tradicional e Folc do Concello de Vigo vén de convocar a preinscrición nas probas de acceso para o vindeiro curso 2009-2010.

Períodos de inscrición:

Por Internet, do 15 de Xuño ao 9 de Setembro.
En persoa, na secretaría da e-Trad, rúa García Barbón, 5. 36201 Vigo:
Do 15 ao 30 de xuño de 2009 en horario de 16 a 19 horas.
Do 1 ao 31 de xullo de 2009 en horario de 11 a 14 horas.
Do 1 ao 11 de setembro de 2009 en horario de 11 a 14 horas.

Probas acceso: do 14 ao 18 de setembro de 2009 (ambos inclusive)

Publicación de listas: 21 de setembro de 2009

Formalización da matrícula: Do 22 a 25 de setembro de 2009 (ambos inclusive)

Comezo do Curso: 28 de setembro de 2009

Máis información en www.e-trad.org