Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / 1º ANIVERSARIO DAS NOITES DE TASCA EN ORDES

1º ANIVERSARIO DAS NOITES DE TASCA EN ORDES

Varios

O venres 26 celebrarase o 1º aniversaro das Noites de Tasca en Ordes.

A partir das 19.00h, roteiro con gaiteiros por distintos bares do casco urbano ordense que desembocarán no Bar-restaurante O Túnel, onde a partir das 22.00h celebrarase a festa de aniversario promovida desde a Asociación Os Viqueiras.

Antes, na alameda: "Obradoiro de Enredos Musicais", impartido por Emilio Lois (A Baña), os nenos e maiores poderán fabricar xoguetes e instrumentos ao xeito antigo.

Contarán cas actuacións de case todos os artistas que participaron nas 12 edicións anteriores: grupos e solistas; novos e vellos; grandes mestres de gaita, de pandeireta, de zanfona ou do acordeón diátonico; cantareiros, bailadores... todos con algo en común: a paixón pola música tradicional e o empeño por conservala.

Será unha noite longa que rematará cunha gran foliada, que porá o broche final a este especial aniversario das "Noites de Tasca", que organiza a Asociación Grupo de Gaitas Os Viqueiras en colaboración co Concello de Ordes e a Mancomunidade de Municipios da comarca.