Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / IV ROMARÍA DA CONROBLA

IV ROMARÍA DA CONROBLA

Varios

O 4 de xullo, en Boimorto, celébrase a IV Romaría da Conrobla.

A festa comenzará a partir das 6 do serán, con xogos populares e un obradoiro de baile tradicional: agarrado e suelto (jota e muiñeira). Unha vez rematado dará comezo a cea (callos, churrasco…)

A foliada comezará a partir das 10 da noite. Todos os que queiran participar, gaiteiros/as, cantareiras/os e bailadores/as, disporán dun tempo no escenario para botar unhas cantas pezas, que deberán ser tradicionais. Para participar, deberán anotarse antes do 24 de xuño nos teléfonos 654 203 169 ou 981 516 113.

Abrirá a romaría os grupos Maghúa e Donaire, da Coruña.


Como a festa se prolongará ata que o corpo aguante, na área recreativa na que se celebrará o evento disporase dunha zona de acampada con duchas e servicios que se poderán usar gratuitamente.