Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Mencións Honoríficas do Ateneo Ferrolán 2005

Mencións Honoríficas do Ateneo Ferrolán 2005

Varios

Ferrol, a 18 de xullo de 2005



Estimado Sr. :

Témolo pracer de comunicarlle o acordo tomado en Xunta Directiva, referente á Institución das Mencións Honoríficas do Ateneo Ferrolán, nas dúas modalidades de Gaita de Ouro e Gaita de Prata “Constantino Bellón” e a concesión das mesmas, motivo polo cal facémoslle chega-la comunicación e as nosas felicitacións en nome de tódolos compoñentes desta Directiva.

A imposición das citadas Mencións terá lugar no festival que se celebrará o próximo mércores día 31 de agosto, as 20 horas, no Auditorio FIMO (Punta Arnela s/n - Ferrol) na Final do XV Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”.



Mais información

Ferrol, a 18 de xullo de 2005

Estimado Sr. :

Témolo pracer de comunicarlle o acordo tomado en Xunta Directiva, referente á Institución das Mencións Honoríficas do Ateneo Ferrolán, nas dúas modalidades de Gaita de Ouro e Gaita de Prata “Constantino Bellón” e a concesión das mesmas, motivo polo cal facémoslle chega-la comunicación e as nosas felicitacións en nome de tódolos compoñentes desta Directiva.

A imposición das citadas Mencións terá lugar no festival que se celebrará o próximo mércores día 31 de agosto, as 20 horas, no Auditorio FIMO (Punta Arnela s/n - Ferrol) na Final do XV Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”,.

O Ateneo Ferrolán acorda concede-las Mencións de Gaita “Constantino Bellón” correspondentes ó ano 2005 a:

1) Gaita de Prata

O Ateneo Ferrolán quere render un recoñecemento, concedendo a Gaita de Prata “Constantino Bellón 2005”, ao CONSERVATORIO DE MÚSICA TRADICIONAL E FOLQUE de LALÍN polo seu papel na divulgación e no ensino da música tradicional galega.


2) Gaita de Ouro

O Ateneo Ferrolán acorda concede-la Gaita de Ouro “Constantino Bellón 2005”, na persoa de JOSÉ TEMPRANO CASTRO pola súa traxectoria artística na música tradicional galega.

Sen mais, recibe unha forte aperta


Asdo.- ELISEO ZAERA RÍOS Asdo.- VICTOR FERNÁNDEZ GABEIRAS Presidente do Ateneo Ferrolán Presidente do Xurado do Constantino Bellón.