Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / XXVII DÍA DA MUIÑEIRA NA CORUÑA

XXVII DÍA DA MUIÑEIRA NA CORUÑA

Varios

O XXVII Día da Muiñeira na cidade da Coruña terá lugar o domingo día 7 de Xuño de 2009, na praza de María Pita e nos Xardíns de Méndez Núñez.

A continuación ofrecemos as bases da participación:

1. O “Día da Muiñeira” celébrase con carácter de exhibición, non de concurso.

2. Poderán participar nel os grupos de Asociacións Culturais e Recreativas, Centros de ensino, Asociacións Folclóricas, Centros Parroquiais, Asociacións de Veciños, Asociacións Xuvenís, Centros Sociais, etc, de toda Galicia, sendo requisito indispensable enviar debidamente cuberta a folla de inscrición adxunta:

- Ó local social na rúa Historiador Vedía, 3-soto 1º na Coruña
- Por correo electrónico á dirección: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

3. O prazo de admisión de inscripcións rematará o día 30 de Maio.

4. Os participantes poderán ser grupos mixtos, femininos ou masculinos, sexan infantís, xuvenís ou de adultos, non sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. O XXVII Día da Muiñeira terá lugar o domingo día 7 de Xuño de 2009, comezando cun pasarrúas dende a praza de María Pita ata os Xardíns de Méndez Núñez, onde terá lugar a exhibición.

6. Os grupos daránse cita nos soportais da Casa do Concello da Coruña, na praza de María Pita, ás 17:00 h. Alí colocaránse no lugar sinalado có seu número correspondente, do que serán informados nos días previos ó acto.

7. Ás 17:30 h. dará comenzo o pasarrúas e ás 18:00 h. terá lugar a lectura do pregón e a exhibición.

8. Tódolos grupos inscritos bailarán ó mesmo tempo, aínda que en grupos separados, tres muiñeiras formadas por 5 voltas e 4 puntos, con breves descansos entre elas.

9. Por último, procederase á entrega de agasallos conmemorativos aos participantes, polo que unha parella de cada asociación deberá achegarse ó escenario para recollelos.

Para calquera dúbida ou aclaración, pódense poñer en contacto coa Asociación Xuvenil Xacarandaina, organizadora do Día da Muiñeira:

- no teléfono 981 277 315
- por correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo