Toma de Posesión do Presidente da Xunta: Dignidade para a música tradicional
Xoves, 04 Agosto 2005 16:52
FINALMENTE A MÚSICA TRADICIONAL TEN O PAPEL DE DIGNIDADE QUE LLE CORRESPONDEA Asociación de Gaiteiros Galegos desexa enviar os seus mais sinceiros parabéns ao goberno entrante e a todo o colectivo de persoas que traballaron no acto de toma de posesión do novo Presidente da Xunta de Galiza. No devandito acto foi posible elevar á música tradicional galega ao lugar que lle corresponde, tal e como viña reivindicando a AGG en
repetidas ocasións. Tanto as fermosas cantigas de Leilía canto a maxistral interpretación de Suso Vaamonde, socio da AGG, permitiron facer constar que a nosa música tradicional pode compartir escenario con outros artistas de igual a igual.
Mais información
FINALMENTE A MÚSICA TRADICIONAL TEN O PAPEL DE DIGNIDADE QUE LLE CORRESPONDE
A Asociación de Gaiteiros Galegos desexa enviar os seus mais sinceiros parabéns ao goberno entrante e a todo o colectivo de persoas que traballaron no acto de toma de posesión do novo Presidente da Xunta de Galiza. No devandito acto foi posible elevar á música tradicional galega ao lugar que lle corresponde, tal e como viña reivindicando a AGG en
repetidas ocasións. Tanto as fermosas cantigas de Leilía canto a maxistral interpretación de Suso Vaamonde, socio da AGG, permitiron facer constar que a nosa música tradicional pode compartir escenario con outros artistas de igual a igual.
Sen nengún xénero de dúbidas o acto de investitura ven de marcar un punto de inflexión, deixando para o pasado os tempos nos que os nosos políticos se avergoñaban do seu patrimonio cultural, comezando, por fin, o tempo no que as galegas e os galegos tomemos exemplo do resto do mundo
pasando a valorar a nosa cultura polo menos tanto como os estudosos estranxeiros fan.
Desde a AGG agardamos que este xesto simbólico sexa o comezo dun novo periodo de traballo a prol da nosa música patrimonial, que nas últimas datas comeza a ter o respecto e apoio de institucións públicas tan salientables como o Museo do Pobo Galego.
Á Asociación de Gaiteiros Galegos queda ao dispór do novo goberno para colaborar en todo o que estexa na nosa man con obxecto de asesorar ou
organizar calquer acto ou actividade que precisen as institucións públicas no que se considere oportuna a presenza da nosa música tradicional. Como ben dixo Castelao, "A tradición non é historia. A tradición é a eternidade".