PRESENTACIÓN DE TRECE LÚAS, NOVO TRABALLO AUDIOVISUAL DA AGG
Xoves, 02 Abril 2009 10:06
A Asociación de Gaiteiros Galegos presenta ante os medios de comunicación o seu novo traballo audiovisual, Trece Lúas. O acto terá lugar no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, o venres 3 de Abril ás 12:00 da mañá, e contará coa presenza de Iván Area, Vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, e Santiago Caneiro Aneiros, presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos.Trece Lúas é un libro-CD-DVD que nos convida a facer unha viaxe no tempo, unha viaxe de doce meses con cadansúa canción e co ciclo do ano como fondo da escena. É unha proposta de lecer, para gustar da nosa música, aquela que sempre estivo aí e que neste disco presentamos dun xeito actualizado. Pero esta proposta vai moito máis alá. Como continuación da liña seguida en traballos editados anteriormente (“O Quiquiriquí” e “Pelo Gato 24”), trátase dun material didáctico que pretendemos axude en boa medida á difusión da nosa cultura. Unha ferramenta pensada para facer chegar, sobre todo aos máis novos, un anaco do que somos e do que queremos seguir sendo.
Este novo traballo editado pola Asociación de Gaiteiros Galegos conta có patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, e da Universidade de Vigo, e poderase atopar proximamente en librerías, tendas de discos e grandes almacéns, distribuído por A Lonxa Cultural.
Para máis información poden poñerse en contacto coa asociación de Gaiteiros Galegos a través do número de teléfono 986847074 ou no enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo