XANTAR GAITEIRO 2009
Martes, 24 Marzo 2009 10:34
Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarvos ao Xantar Gaiteiro. Será o vindeiro Domingo 5 de Abril, ás 14:00 horas, no restaurante Aixiña de Ourense.Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un día agradable en compaña dos que gustamos da música tradicional. Quen así o queira poderá traer o seu instrumento para compartir a súa música co resto de convidado/as despois do xantar.
Para asistir ao XIV Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto connosco antes do día 1 de Abril, indicando, se é o caso, o número de persoas que te acompañarán.
MENÚ
Sopa de Cocido
Cocido
Postre: Bica
Auga, viño, refrescos, café e chupitos.
PREZO
17 euros por persoa, que serán entregados ao entrar.
RESERVA
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
986 847 074
5 de Abril de 2009, 14:00 h (Prégase puntualidade)
Restaurante Aixiña
988 233 304
Finca Sevilla S/N (Xunto Pazo dos Deportes Paco Paz)
Ourense
Quen queira animarse a empezar a festa un pouco antes, pode acudir á Cafetería da Alameda de Ourense ás 12 da mañá, onde se quedará para dar un paseo pola zona de viños antes da comida