IX CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO AZALOIRA
Luns, 09 Marzo 2009 09:32
O IX Concurso de Baile Tradicional Galego 'Azaloira', organizado pola Asociación Fortín da Pomba, celebrarase o vindeiro día 26 de Abril do 2009, no auditorio Manuel Do Pazo, en Bandeira.Poderán participar todo tipo de agrupacións da Comunidade Autónoma Galega que cumpran as bases do concurso e respeten o veredicto do xurado. Os grupos deberán ser mixtos, con un mínimo de 5 parellas, a non ser que o baile requira outra formación. Os integrantes lucirán o traxe rexional e os acompañamentos serán en directo.
Podedes consultar aquí as bases e o formulario de inscrición.