Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / DESPEDIDA DO ENTROIDO NA TRADESCOLA

DESPEDIDA DO ENTROIDO NA TRADESCOLA

Varios

A Tradescola despediu o entroido cunha festa o xoves 26 de febreiro no Complexo Residencial Xuvenil LUG II. Os alumnos fixeron que os disfraces, a música e o baile foran os protagonistas da xornada.

A TRADESCOLA, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, despediu o entroido cunha festa o día 26 de febreiro de 2009 no Complexo Residencial Xuvenil LUG II. Nesta xornada, que serviu de clase práctica para os máis de cen alumnos que asisten a Tradescola, disfrutouse da música e do baile tradicional durante gran parte da noite.
O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre temas diversos. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego.
Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos pensamos que este tipo de xornadas , que están orientadas aos alumnos, profesorado e persoas interesadas na música tradicional en xeral, favorecen a difusión e promoción da cultura tradicional e axudan a dinamización da vida cultural lucense.