Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / AGG / XII MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL - Pardiñas - Guitiriz

XII MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL - Pardiñas - Guitiriz

AGG



XII MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL

Pardiñas-Guitiriz
Xa estamos na XII edición da “Mostra de Instrumentos de Música Tradicional” que a comisión de artesáns da Asociación de Gaiteiros Galegos(AGG) organiza, dentro do marco do festival de Pardiñas organizado pola A. C. Xermolos de Guitiriz, que este ano terá lugar os dias 6 e 7 de agosto.


Aqui tes mais información
XII MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL

Pardiñas-Guitiriz
Xa estamos na XII edición da “Mostra de Instrumentos de Música Tradicional” que a comisión de artesáns da Asociación de Gaiteiros Galegos(AGG) organiza, dentro do marco do festival de Pardiñas organizado pola A. C. Xermolos de Guitiriz, que este ano terá lugar os dias 6 e 7 de agosto.

Xa conseguimos que a mostra de artesáns de Pardiñas sexa unha cita anual de referencia, na que nos xuntamos artesáns e músicos de todo o Pais, no que cada ano, os artesáns traen novas melloras nos seus instrumentos que os músicos veñen a contrastar cos proprios artesáns.

Tamén e cita de moitas xentes que simplesmente veñen a pasar un fin de semán onde a música tradicional é a protagonista, fanse bailes populares, tócase de xeito expontáneo, en definitiva situamos á nosa música tradicional, nun plano de dignidade e normalidade que por desgracia no noso Pais non é moi habitual ver.

A Asociación de Gaiteiros Galegos pensou en UXIA SENLLE, como pregoeira deste ano, por ser unha das mulleres que con más empeño loitaron por atopar un espazo para a voz, para a sensibilidade, para a muller, para o femenino plural e por suposto para a música cantada e interpretada no noso idioma. Ela é unha das vocalistas femeninas máis significativas no eido da música galega.

Tamén contamos o sábado coa presencia do mestre gaiteiro e mestre artesán do Concello de Moaña, XABIER BLANCO, que recupera cancións esquencidas a base dun intenso traballo de investigación no que o axuda o feito de ser herdeiro dos Soledás, unha familia de gaiteiros.

Serán os encargados de amenizar co seu son, o serán do domingo, o grupo A GAITA DE SARANDÓN, que naceu despois dunha longa investigación sobre a requinta no seo da Asociación Xuvenil Os Raiceiros de San Miguel de Sarandón en Vedra . O seu labor é fundamental na recuperación da requinta dentro do mundo dos nosos instrumentos. Están a facer un amplo labor cultural, non só na música, senón como animadores de moitas iniciativas en Galiza, pero sobre todo na súa comarca A Ulla.

O resto das actividades previstas para enriquecer a exposición, están enfocadas para que sexan totalmente participativas, asi pois haberá un escenario dispoñibel durante todo o dia para todos aqueles musicos que desexen tocar, e aqueles artesáns que queiran falar ou facer algunha demonstración da sonoridade dos seus instrumentos .




PROGRAMA DA MOSTRA

SÁBADO 6 DE AGOSTO

17:00 h. ---------------------- Apertura da Mostra
17:00 h. a 21:00 h. ------- Escenario libre para músicos expontáneos
19:00 h. ---------------------- Pregón de UXÍA SENLLE
19:30 h. ---------------------- Concerto de XABIER BLANCO de Moaña

DOMINGO 7 DE AGOSTO

11:30 a 13:30 --------------- Escenario libre para músicos expontáneos
16:00 a 21:00 --------------- Escenario libre para músicos expontáneos
18:30 -------------------------- Concerto de A GAITA DO SARANDÓN DO ULLA
20:00 a 21:30 --------------- Escenario libre para músicos expontáneos


ARTESÁNS:

AFONSO CASTRO, GAITAS, O ROSAL
CARLOS FANDIÑO, GAITAS, TEIXEIRO
PABLO CID, ZANFONAS, ANTAS DE ULLA
GERMAN ARIAS, LUTHERIA E ZANFONAS, SARRIA
LORENA REINALDO E LUIS MARTÍNEZ, ARPAS CELTAS, SOUTOMAIOR
XANECO TUBIO, PERCUSIÓN GALEGA E ZANFONAS, OUTEIRO DE REI
LOIS MOURIÑO, GAITAS, COMPOSTELA
CHE VÁZQUEZ, TROMPAS E FRAUTAS, BRIÓN
OLI XIRALDEZ, GAITAS E REQUINTAS, TEO
X. MIGUEL MOSQUERA, GAITAS E REQUINTAS SARRIA
VICENTE DIAZ FUENTES, PALLETAS, LUGO
RODRIGO QUIÁN “ROI”, GAITAS, VIGO
DIEGO LANGARIKA, PERCUSIÓN E CORDA, VIGO
O CHILRO, PERCUSIÓN E GAITAS, CAMBADOS
CARLOS DO VISO, PERCUSIÓN GALEGA E ZANFONAS, REDONDELA