A TRADESCOLA SUPERA OS 140 ALUMNOS
Martes, 27 Xaneiro 2009 16:37
Dende que abriu as súas portas, a mediados do pasado mes de Novembro, a Escola de Música Tradicional Galega da AGG, Tradescola, non deixou de recibira visita de alumnos e persoas interesadas en informarse sobre os cursos impartidos na mesma.A Tradescola, que conta con aulas de gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación, tivo unha moi boa acollida, non só por parte do alumnado da cidade de Lugo, senón tamén de toda a provincia lucense e de outras provincias como A Coruña, Ourense, León ou Asturias.
Actualmente xa se superan os 140 alumnos matriculados, e prácticamente todas as materias teñen cubertas as prazas, o que fixo necesario en algún caso ampliar o número de horas de clase impartidas debido a afluencia masiva de alumnado.