Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Oitavas noites de tasca

Oitavas noites de tasca

Varios







Seguindo coas Noites de Tasca que ven organizando a Asociación Grupo de Gaitas Os Viqueiras de Ordes, esta iniciativa chega á súa oitava edición, que se celebrará o venres 30 de xaneiro de 2009 a partires das 9 da noite no Bar Zapateiro de Senra-Oroso.

As Oitavas Noites de Tasca contarán coa presenza de Enrique Carregal, gaiteiro de Melide, ea Agrupación Folclórica de Baile e Música Tradicional Buxos Verdes.

A organización invita a tódolos interesados a asistir e tocar, e recorda que tódolos participantes recibirán un agasallo.