Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / SOBRE A VISITA DO VICEPRESIDENTE Á TRADESCOLA

SOBRE A VISITA DO VICEPRESIDENTE Á TRADESCOLA

Varios

Na súa visita ás instalacións do complexo residencial xuvenil Lug, o Vicepresidente da Xunta salientou que o amplo abano de actividades que se ofertan neste centro é posible grazas á colaboración entre a Vicepresidencia e a Consellería de Innovación e Industria, que financiou os equipos e as instalacións da área de novas tecnoloxías. Tamén destacou a colaboración da Deputación de Lugo para a posta en marcha da Escola de Música Tradicional Galega, Tradescola, a través da que se está a promover a música tradicional galega. Neste senso, o centro representa, segundo Anxo Quintana, "o noso modelo de política de xuventude e o noso xeito de facer as cousas, a través da colaboración institucional que permite sumar esforzos en beneficio da sociedade".

Texto extraído da web de Vicepresidencia da Xunta de Galicia.
Texto completo