Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Comezan as clases na Escuela de Música Tradicional San Tirso do Eo

Comezan as clases na Escuela de Música Tradicional San Tirso do Eo

Varios

O pasado sábado 17 de Xaneiro, ás 11 da mañá, deron comezo as clases na Escola de Música Tradicional San Tirso do Eo, que foi presentada o 24 de Outubro de 2008 nun acto organizado a tal efecto. Pese a que o prazo para inscribirse aínda non está pechado, a xerencia da escola decidiu dar comezo ó curso para atender ás demandas dos 42 alumnos xa matriculados.

As materias ofertadas son Gaita tradicional, Percusión, Zanfona (impartidas por Vitor Otero), Canto e pandeireta, Baile tradicional (impartidas por Mónica Fernández), Acordeón, Piano, Música e movemento e Solfeo-Folklore (impartidas por Abel Pérez, director da Escola).

As clases impártense no Colexio CRA Occidente, El Llano - San Tirso de Abres, que mostrou un gran apoio a este proxecto, o cal conta coa colaboración da Caja Rural de Asturias.

Recordámoslles a tódolos interesados que o prazo de inscrición segue aberto.