Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / O VICEPRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA VISITA A TRADESCOLA

O VICEPRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA VISITA A TRADESCOLA

Varios


A Asociación de Gaiteiros Galegos recibiu, o pasado día 13 de Xaneiro nas instalacións da Tradescola, a visita de numerosas autoridades, entre as que destacou o Vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, acompañado polo Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, o Director Xeral de Xuventude, Rubén Cela, a Delegada de Vicepresidencia en Lugo, Branca Rodríguez Pazos e o Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao.

No transcurso deste encontro, os ilustres visitantes non dubidaron en resaltar o bo traballo que está a realizar a Asociación de Gaiteiros Galegos con proxectos como a TRADESCOLA, que serven para difundir a nosa cultura e ofrecer formación a tódalas persoas interesadas na música e no baile tradicional.

A cita tivo lugar dentro dos actos de inauguración das instalacións do Complexo Residencial Xuvenil LUG II, sé da Escola de Música Tradicional da AGG.