MOSTRA DO PATRIMONIO INMATERIAL - FESTIVAL DA AGG
Luns, 03 Novembro 2008 19:28
A AGG SÚMASE Á MOSTRA DO PATRIMONIO INMATERIAL CULTURAL DE OURENSE, DO 8 AO 11 DE NOVEMBROAsociación de Gaiteiros Galegos e o Proxecto Ronsel (das tres Universidades galegas) organizan a Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego na Alameda de Abaixo de Ourense, entre os días 8 e 11 de novembro. A iniciativa procurará pór en valor o patrimonio cultural inmaterial, como xa se fixera o ano pasado en Pontevedra, a través de exposicións, debates, música, degustación de produtos e producións audiovisuais.
Dentro do programa, a AGG celebrará un Festival de Música Tradicional, nas noites do sábado 8 e luns 10, coa participación de grupos galegos e portugueses. A música será unha constante no evento, tamén en horas diúrnas.
As catro xornadas da mostra van acoller obradoiros de xogos e xoguetes tradicionais, olería, forxa, luthería, torno, construción de instrumentos vexetais e construción en barro. Cada día estará dedicado a unha estación, co obxectivo de facer un percorrido polo ciclo do ano a través da exhibición de actividades tradicionais. O programa de exposicións é moi variado. Poderán verse desde traxes tradicionais de faena e de Entroido ata xoguetes tradicionais, pasando por material de oficios, produtos ecolóxicos e razas de gando autóctono.
FESTIVAL DE MÚSICA TRADICIONAL DA ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS
SÁBADO 8 DE NOVEMBRO, de 20:30 a 00:30 h
Joaquim Pereira “O Carriço” (gaiteiro de Quinta do Valongo, Mealhada, Portugal).
Ludovaina (cuarteto tradicional do Morrazo,
Pontevedra).
Tanxedoras do Pandeiro (Vigo, Pontevedra).
Aula de Música Tradicional Gomes Mouro (Ourense).
A Requinta de Xián (comarca da Ulla, Boqueixón, A Coruña).
LUNS 10 DE NOVEMBRO, de 20:30 a 00:30 h
Henrique Carregal (Gaiteiro de Melide, A Coruña).
Juanjo Fernández (Gaiteiro de Lugo).
Tres Estralos (romances e cantos) (Redondela, Pontevedra).
Pai da Cana (murga) (Poio, Pontevedra).
Tanto nos ten (quinteto) (Redondela, Pontevedra).
Para ver o programa completo da mostra preme no seguinte enlace:
Programa Mostra