Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / VI Festival Folk deVI Festival Folk de Callobre (A Estrada)

VI Festival Folk deVI Festival Folk de Callobre (A Estrada)

Festivais, Foliadas, Romarías

O vindeiro 15 de Xullo terá lugar o VI Festival Folk de
Callobre (A Estrada) e no cal van a participar os
seguintes colectivos e agrupacións:

Abrente de O Foxo
Os Regatos de Matamulleres
Donicelas
Treixadura
Linho do Cuco
e
Os Carunchos

Tamén participará "Mil duros e a mantido". O vindeiro 15 de Xullo terá lugar o VI Festival Folk de
Callobre (A Estrada) e no cal van a participar os
seguintes colectivos e agrupacións:

Abrente de O Foxo
Os Regatos de Matamulleres
Donicelas
Treixadura
Linho do Cuco
e
Os Carunchos

Tamén participará "Mil duros e a mantido".



Callobre é unha parroquia do concello de A Estrada, situada á beira da estrada N-640 que une Vilagarcía con Lalín. É unha das parroquias máis importantes en canto a poboación e actividade económico-empresarial de A Estrada, sendo la industria del moble o seu principal motor.

Esta inivciativa xurde froito do interés dun grupo de amigos unidos no seu entusiasmo pola música tradicional. Nos seus inicios tratábase de argallar un encontro de música pero, sobre todo, de músicos no que os gaiteiros e gaiteiras de A Estrada puideran mostrarse, exercer a súa maior afición enriba dun escenario e diante dun público entusiasta formado por xente da zona, onde hai un gaiteiro en todas as casas. E a proba dese entusiasmo non é outra que, ao rematar as actuacións, todo o mundo saca a súa gaita e comenza unha segunda festa, sen programa, sen escenario, aberta á participación de todos (público, organizadores, os músicos que actuaron no escenario) que se prolonga ata que o corpo aguante e na que todo o mundo toca, canta e baila, na medida das súas posibilidades, mellor ou peor, pero sempre cun respecto e amor pola música tradicional que convirte a este evento en algo diferente.

Este ano chega á 6ª edición, xa con máis medios económicos e unha maior experiencia na organización, pero mantendo sempre ese espíritu participativo, que a propia organización fomenta e na que eles mesmos participan tocando a gaita ata altas horas da madrugada... ou mesmo da mañán, se a cousa se anima. De cara a reforzar este plantexamento, durante todo o festival e nos intermedios entre actuacións, a festa é animada por “Mil duros e ao mantido”, un grupo de gaiteiros da zona. Non se trata dun pasarrúas nin dunha actuación ao uso, nin sequera o grupo ten un plantexamento estándar, senon máis ben é un espectáculo de animación no que se invita á xente a participar repartindo instrumentos entre os asistentes, sacándoos a bailar, etc.

En canto ao programa, abrirán o festival os gaieteiros máis pequenos da comarca, a "Agrupación folklórica Abrente", integrado básicamente por alumnos do CEIP de O Foxo.

A partir deste momento é cando podemos dicir que empeza realmente o festival, coa actuación do grupo local "O Regato de matamulleres". Entusiastas como poucos da música tradicional, poñen no escenario todo o corazón e o ánimo duns adolescentes que xa peinan canas.

De seguido actuará o grupo de pandereteiras "Donicelas", integrado por 6 mozas cantareiras e que ven de editar o seu primeiro traballo discográfico bautizado co título "Que nuca foi abalada".

Despois será "Treixadura", grupo de referencia para moitos, quen suba ao escenario. Un quinteto cunha traxectoria brillante e rigorosa culminada polo seu último disco “Unha noite non é nada”. A súa profesionalidade e, sobre todo, o seu fantástico directo convírtenos nun claro expoñente do bo facer no eido da música tradicional.

A Estrada volve a estar representada por "Linho do cuco". Plantexado inicialmente a modo de quinteto tradicional, foron incorporando outros intrumentos entre os que destaca a tuba. Recentemente editaron o seu primeiro traballo discográfico titulado, tamén, “Linho do cuco”. Tal como eles se definen "...pretende recordar as murgas de principios do século pasado, pero cunha visión actual da música tradicional galega".

A festa no escenario rematará coa actuación de "Os Carunchos". Grupo do sur de Pontevedra, nacido no ano 1994, ven de presentar en Vigo o seu último disco titulado “Montealegre”. Festeiro como poucos é o grupo ideal para rematar un festival de vocación participativa como este.

E despois dos concertos cada quen coa súa gaita, tamboril, pandeireta, bombo... a tocar, bailar e cantar mentres o corpo resista. Non importa a destreza que se teña, o que importan son as ganas de festa, levar unga gaita en DO (por aquilo de poñernos de acordo coa afinación) e ir con xeito se hai que conducir á volta.

¡Todos a Callobre!