Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Gaita de Ouro “Constantino Bellón 2008” ao programa Alalá

Gaita de Ouro “Constantino Bellón 2008” ao programa Alalá

Varios

O Ateneo Ferrolán acordou en Xunta Directiva concedela Mención de Gaita de Ouro “Constantino Bellón” correspondente ao ano 2008 ao programa da CRTVG “ALALÁ” pola súa laboura de difusión e defensa da música tradicional galega.

A imposición da citada Mención terá lugar no ACTO que se celebrará o próximo domingo día 31 de agosto, as 20,30 horas, no Teatro JOFRE de Ferrol coincidindo coa Final do XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”

O programa Alalá comezou a emitirse o 14 de febreiro do 2006 coa intención de achegar ós espectadores da Televisión de Galicia unha visión do folclore tradicional distinta do que ata entón se viña facendo, da imaxe totalmente descontextualizada que se ofrecía da música galega, que non ía máis alá das actuacións en plató alleas á realidade dos grupos e das asociacións que as protagonizaban.