Campás e campaneiros
Martes, 26 Agosto 2008 11:04
Os Chichisos organizan por 2º ano “CAMPÁS E CAMPANEIROS”. Con elo queren seguir dando a coñecer o patrimonio sonoro cunha demostración de todos os toques tradicionais que a través das campás se producen, tales como avisos de mortes, chamadas a misa, avisos de incendios, etc. e inventarialos.
Cada vez quedan menos campaneiros que sexan coñecedores dos diferentes toques ou sinais para comunicar os distintos acontecementos sociais, sendo sustituidos por aparellos electrónicos que desenrolan a labor de tanxer as campás, ao mesmo tempo que os cidadáns tampouco identificamos o que se transmite a través desta linguaxe tradicional.
O evento terá lugar o 13 de setembro na Igrexa parroqial da Ínsua (Pontecaldelas-Pontevedra) co seguinte programa:
16.30 h REPIQUE DE CAMPÁS, chamamento aos participantes pro inicio das actividades.
DEMOSTRACIÓN DOS DIFERENTES SINAIS E TOQUES de campás por Elías Darriba, Juán Manuel Darriba e Juan Carlos Pereira.
17.30 h Concerto “CAMPÁS, GAITAS E FOGUETES” a cargo do grupo “ Os Chichisos “
18.00 h “CAMPANARIO ABERTO PRA CAMPANEIROS”, repiques de diferentes zonas e lugares.
18.30 h “CAMPANARIO ABERTO PRA PARTICIPANTES”, prácticas coas campás.
20,00 h VIÑO GALEGO para os participantes inscritos, na taberna “ eicho de dar queridiña “
Nº DE PRAZAS: 25
PREZO: 10 €
TELÉFONO DE RESERVAS: 676.842.942
Todos os sons serán grabados pola Asociación Escoitar.org, que está a traballar na recuperación do patrimonio sonoro de Galicia, é dun xeito especial dos sons en perigo de extinción, que é o caso que nos ocupa.
Contan coa colaboración desinteresada dos Sres. Elías Darriba, Juan Manuel Darriba e Juan Carlos Pereira, todos eles campaneiros da Insua.
As actividades poden ser presenciadas por todo o público que o desexe
Máis información no teléfono 676842942