II Festa dos Xogos Tradicionais da Terra de Melide
Mércores, 13 Agosto 2008 10:36
A Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional invítanos a participar na II Festa dos Xogos Tradicionais da Terra de Melide, que terá lugar os días 20 e 21 de agosto no casco antigo de Melide.Os xogos populares son a manifestación máis xenuína da cultura dun país. Aínda que os xogos sexan comúns noutros países e nacións, o xeito de xogar máis a capacidade do pobo de adaptalo á súa contorna, así como a súa peculiar visión do mundo, é o que lle infire ese carácter diferencial e propio. Conservar os xogos populares, e demais manifestacións culturais é o noso deber e transmitilo ás xeracións vindeiras, a nosa obriga.
O programa é o seginte:
Mércores, 20 de agosto de 12:00 a 14:30 h
1.Praza do Convento: Carrilanas, corda e
carreira de tartarugas.
2.Praza das Coles: Chave e Zancos.
3.Pozo Pequeno: Tiro á lata e aros.
4.Rúa Abeledo: Pescar a botella.
5.Trapeira: Trompo.
6.Trapeira: Ra.
7.Praza Ichoas: Xogo das olas.
8.Praza da Herba: Mariola e tres en raia.
9.Rúa do Convento: Lanzamento de boina10.Circuíto da carreira de aros.
Xoves, 21 de agosto:
A partir das 12:00 h - I Carreira de aros
A partir das 18:30 h -II Campionato de
Tirapedras da Galiza Central
Máis información e plano