Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / CDG / Novo Comunicado en relación co tema de Narón

Novo Comunicado en relación co tema de Narón

CDG

O Colectivo do Movemento do 2 de xullo enviou a seguinte información.

PERSOAS DE PAZ

Somos persoas de paz que non por iso renunciamos ao dereito constitucional que nos ampara, o dereito de saír á rúa a manifestar que estamos en total desacordo con un sistema, sistema que, baixo o noso criterio, e por razóns explicadas no anterior comunicado pode chegar a poñer en perigo a cultura tradicional galega.


Mais información
PERSOAS DE PAZ

Somos persoas de paz que non por iso renunciamos ao dereito constitucional que nos ampara, o dereito de saír á rúa a manifestar que estamos en total desacordo con un sistema, sistema que, baixo o noso criterio, e por razóns explicadas no anterior comunicado pode chegar a poñer en perigo a cultura tradicional galega.

Queremos deixar constancia de que a decisión final tomada foi feita libremente e sopesando unha morea de posibilidades do que pudiera acontecer no acto que nos ocupa: o Festival de Gaitas de Piñeiros. Estamos en contra da violencia en todas as súas manifestacións, porque as ameazas, señores, tamén constitúen outro xeito de violencia, e nós, pola contra, somos, como anteriormente fixemos constar, xente de paz, que simplemente manifestou o seu criterio e a súa idea. Non somos fascistas... nós non facemos ameazas a ninguén, máis ben as sufrimos...

Cando alguén nos fala, polo xeral, somos quen de escoitar e incluso de entender que os demáis tamén teñen razóns, as súas, aínda que sexan diametralmente opostas ás nosas. Hai moitas razóns, hai moitos criterios, hai moitas persoas; é por isto polo que son tan fundamentales as formas.

Finalmente, explicarvos que a decisión por nós tomada é a de concentrarnos o día 2 de xullo ás 16 h. na Praza de Galicia e non acudir ao Festival de Piñeiros. Queremos deixar claro que a razón non é outra que mostrar un respeto á familia do homenaxeado, xa que se trata dun acto de un claro tinte afectivo, e nós sí queremos demostrar o respeto polos demáis que non se tivo con nós.

Asinado:

Colectivo do Movemento do 2 de xullo.