A FEIRA DE 1908
Luns, 16 Xuño 2008 12:09
A Asociación "Lume de Sarria", como organizadora das Festas do San Xoán 2008, esta a preparar unha representación multitudinaria na zona máis antiga da Vila, para a fin de semana do 21 e 22 de Xuño. Nesta Feira haberá máis de 40 postos de Artesanía, un gran Mercado Agroalimentario con productos Ecolóxicos, 20 Músicos Tradicionais animando as rúas, unha Exposición Permanente de Instrumentos Antigos e Traxes Tradicionais con fotos da época, un programa de actividades continuas os dous días para nenos e maiores (xogos tradicionais, baile, charlas didácticas,...), Obradoiros permanentes sobre Oficios Tradicionais Galegos, postos de comida e bebida para os visitantes e a colaboración e participación das Asociacións Culturais da Comarca. E o sábado, emisión en directo do programa da Radio Galega "Lume na Palleira" dende a propia Feira con:-Presentación en directo do Novo Disco de Xarín "Galaguech"
-Presentación da fotobiografía sonora sobre Celso Emilio Ferreiro a cargo de X.M. Aldea.
-Monográfico: "O acordeón diatónico no século XX", a cargo de Pedro Branco coincidindo coa súa exposicón de acordeóns diatónicos na mesma feira.
-Presentación do libro recentemente publicado "Para Cantar e bailar" de Luis Prego, sobre xogos de baile tradicional cantados.
ADEMÁIS, o domingo 22 pola noite celebrarase un festival coas actuacións de:
- A Charanga de Ultreia
- Os Carunchos
- A Turres Band
- A Tuna Rastafari
Programa Completo