Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / comunicado elaborado pola Concellería de Cultura do Concello de Narón et al

comunicado elaborado pola Concellería de Cultura do Concello de Narón et al

Varios

Comunicado asinado por

Concellería de Cultura do Concello de Narón
Escola Municipal de Música Tradicional do Concello de As Pontes
Banda de Gaitas Airiños de Fene
Colectivo en Defensa da Gaita

Teñen aparecido as seguintes novas na prensa relacionadas co tema:

http://www.laopinioncoruna.com/secciones/noticia.jsp?pIdNoticia=29686

http://www.diariodeferrol.com/servlet/ContentServer?pagename=OpenMarket/Xcelerate/Render&inifile=futuretense.ini&c=CSINoticias&cid=1119865954020&t=NoticiaCompleta&edicionnav=1028218396367&arglink=nolink

http://www.lavozdegalicia.es/ed_ferrol/noticia.jsp?CAT=122&TEXTO=3861787

*********************************

A intención do presente comunicado é a de informar a tódalas persoas sobre algunhas circunstancias que estimamos de carácter grave sobre o acontecimento que terá lugar o día 2 de Xullo ás 17:00 horas en Narón, concretamente no Campo da Festa de Piñeiros.

O acontecemento en cuestión é a homemaxe ao gaiteiro ceñecido na comarca co nome de Lolete, home que adicou gran parte da súa vida ao mundo da Gaita. Até aquí, nada que obxectar.

O punto de discordia, polo que nos sentimos agraviados, burlados e ofendidos é pola presencia de diversas Bandas de Gaitas que promoven o modelo cultural escocés. A nosa repulsa é para un sistema que pretende implantar e espallar uns valores musicais que non son os nosos, que mutilan a autenticidade e a indentidade propia dos galegos, defendendo a importancia do que ven de fóra en detrimento do que é realmente noso.

A xustificación que encontran estes colectivos invasores é a “dignificación” dos instrumentos, substituindo a nosa gaita galega, o tambor e o bombo por instrumentos foráneos ou ben facendo variacións dos mesmos, co cal nin os ritmos, nin o xeito, nin as técnicas de execución, nin o sonido final se identifica co noso, ademáis, en canto ao vestuario, ¿algún galego ou galega se indentifica coas roupas que locen estas formacións?. Así, asistimos a unha suplantación do orixinal indentificador da nosa cultura.

Por outra banda cabe sinalar que estas bandas están inspiradas noutras doutras culturas de corte militar, esto sucede no xeito de formar, desfilar, tocar... ademáis as técnicas que empregan tampouco son galegas, xa que profesores de Escocia e a Bretaña son requeridos por estas formacións para o ensino das mesmas, así é posible ver sons de percusión militar e escalas musicais foráneas desnaturalizando o pouco repertorio galego que tocan.

Pero unha das consecuencias máis graves de esta invasión marcial atinxe á formación de miles de rapaces e rapazas que están a recibir unha formación castrada e sesgada, sendo educados nunha mentira, ocultando premeditadamente unha morea de aspectos da nosa tradición.

Non queremos que nos amosen fotocopias doutras culturas facéndoas pasar por nosas, porque os galegos xa temos unha cultura propia, a nosa, que nada se asemella ao que dende estas formacións pretenden facernos crer.

Outro punto a destacar é que estas Bandas están sendo financiadas por Institucións e Organismos Públicos que, teóricamente deberían destinar eses cartos a algo representativo da nosa tradición.

En palabras de Xaime Estévez Vila, de Vigo, e como conclusión, suliñar que o desenvolvemento deste fenómeno pon en perigo a corto prazo a propia existencia da Cultura Tradicinal Galega: déixanse de construir instrumentos de percusión e gaitas galegas, déixase de tocar repertorio galego coa estilística propia nosa. É dicir, o que se fai non é ademáis de, senón en lugar de.

PLÁNTANSE EUCALIPTOS ONDE ANTES HABÍA CARBALLOS.

Somos moitos os que nos sentimos agredidos e indefensos ante o desenvolvemento deste cancro cultural do que somos víctimas actualmente no Folclore Musical Galego.

Concluimos cunha frase dunha rapaza Cisjordana que invita á reflexión: “Si me tiveran dito que teño os ollos azuis sin terme dado un espello, toda a vida tivera pensado que teño os ollos azuis”. O espello representa a cultura, a educación, o coñecemento de un mesmo e dos demáis... No medio de toda esta parafernalia é posible que un día non alcancemos a saber que somos nós nin que son os demáis.

Asinado:

Concellería de Cultura do Concello de Narón
Escola Municipal de Música Tradicional do Concello de As Pontes
Banda de Gaitas Airiños de Fene
Colectivo en Defensa da Gaita