Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Reunións, actos, ... / Reunión en Cangas

Reunión en Cangas

Reunións, actos, ...

Este venres terá lugar as 20:30 no colexio Castrillón de Cangas (sede dunha das escolas da banda de pontevedra) unha reunión para todos os gaiteiros do Morrazo onde se abordarán as medidas a tomar.

Ver acordos adoptados. Acudiron representantes da prática totalidade dos grupos de Cangas e Bueu e tamén xente de Moaña e de Marín.

Na reunión que tivo lugar en Cangas adoptaron-se os seguintes acordos:

O representante para a reunión deste domingo 17 de abril de 2005 será
Guillerme, gaiteiro de Bueu e membro de Quempallou.

Decidiuse o seguinte:

* Elaborar unha nota de prensa expresando que os colectivos do
Morrazo están en contra da implantación das Escolas que pretende pór en funcionamento a Deputación de Pontevedra e en favor da implantación dunhas Escolas de Música Tradicional sérias e
rigorosas.

* Preparar un manifesto para a sua distribución e proceder á súa leitura (se nos conceden permiso os organizadores) na homenaxe a Manuel María que terá lugar o sábado 23 de Abril.

* Concertar unha entrevista cos distintos grupos municipais e co
Alcalde para entregar-lle cópia do manifesto asinado por todos os
grupos da comarca.

* Informar ao resto de asociacións que non sexan de música tradicional da situación que se está a producir.