Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

Un ano mais o Ateneo Ferrolán convoca o concurso "Constantino Bellón".

O "Constantino Bellón" é un concurso de composición e interpretación de gaita que pretende mante-lo xeito de toca-la gaita galega con técnica e xiros propiamente galegos.

O concurso pretende recolle-la mais pura tradición gaiteiril e manter, ó longo dos anos, un lugar de encontro e intercambio para tódolos gaiteiros galegos.

Como novedade, cabe destacar a creación, por parte do Obradoiro de Gaitas Seivane, do 'Premio Seivane' tal como se pode ver no punto 'g' das bases do Premio Gaiteiro de Soutelo:

g.- Coa intención de estimular e recompensar a dedicación e amor pola música e cultura galega na diáspora, o Obradoiro de Gaitas Seivane crea o ‘Premio Seivane’. Poderá optar a el calquera gaiteiro incluído no Premio Gaiteiro de Soutelo. Consistirá nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”. Será concedido a aquel concursante que, a xuízo do xurado, mellor defina, tanto na súa presenza como na súa interpretación, a imaxe tradicional do gaiteiro.


Para máis información:

Bases do concurso