Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames / III CERTAME DE GAITEIROS SOLISTAS MANUEL DOPAZO

III CERTAME DE GAITEIROS SOLISTAS MANUEL DOPAZO

Concursos e Certames

A Asociación Cultural Vista Alegre organiza o III certame de gaiteiros solistas Manuel Dopazo, para o cal xa está aberto o prazo de inscricións. Ata o día 2 de maio poderanse presentar os gaiteiros que así o desexen cubrindo un breve formulario e enviándoo ao enderezo que ven no mesmo. O certame celebrarase o día 11 de maio cun premio para o gañador que ascende a 1.500 euros, haberá 700 euros para o segundo clasificado e 500 euros para o terceiro. Asimesmo, darase un premio especial de 750 euros para aquel autor que interprete, coa maior aproximación ó estilo de Dopazo, unha das obras recopiladas no disco titulado “Manuel Dopazo, Crónicas Porteñas” editado por Ouvirmos e o Consello da Cultura Galega (Arquivo sonoro de Galicia). Este premio é compatible cos outros tres.

Para máis información sobre o concurso e descargar o formulario de inscrición preme no seguinte enlace.

Bases Certame