Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Lume na Palleira / BENIGNO MÉNDEZ

BENIGNO MÉNDEZ

Lume na Palleira


O recuncho do próximo sábado 29 de marzo tratará de lembrar a figura do gaiteiro BENIGNO MÉNDEZ (Vigo 1920-1990), gaiteiro de referencia na comarca de Vigo que se adicou por enteiro a gaita como profesor e intérprete en distintas entidades veciñais e colexios de Mos, Vigo e Redondela. Forma parte da tradición máis xenuina da gaita galega que permitiu ás xeracións seguintes recuperar debidamente o mellor da tradición musical galega. Moitos dos seus alumnos e alumnas forman parte ilustre da música tradicional actual.

Neste programa escoitaranse intervencións deste gaiteiro nas gravacións do grupo "A Roda " co que colaborou, así como algunha gravación de pezas da súa autoría como o "Pasodoble do Carballal" interpretada polo grupo Xistra de Coruxo. Ademáis revelaremos aspectos pouco coñecidos da súa biografía como a súa intervención na Televisión Española ou a reportaxe que lle fixeron para unha coñecida revista de difusión nacional. Falaremos con xente que o coñeceu e coa súa propia irmá para achegarnos máis a súa figura artística e humana.