XIII XANTAR GAITEIRO EN LUGO
Mércores, 20 Febreiro 2008 09:06
Xa podemos adiantar a tódol@s nos@s soci@s a data e lugar da primeira das actividades coa que comezamos este ano 2008. Trátase do tradicional Xantar Gaiteiro, que a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza cada ano coa finalidade de fomentar o espíritu de xuntanza e reunión entre todos @s nos@s asociad@s, sempre tendo en conta o que nos une a todos: o traballo en prol da nosa cultura e música tradicional.Este ano celebramos a XIII edición deste evento o Domingo 30 de Marzo na cidade de Lugo, por ser un lugar moi apropiado para xantar o cocido galego e aproveitar o entorno para escoitar a algún dos nosos mellores gaiteiros.
Poñerase un servicio de autocar dende as principais cidades galegas, a disposición de tódol@s soci@s que non queiran desprazarse en coche, sempre e cando se enchan unhas prazas mínimas. Todos @s interesad@s poden obter mais información a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ben no teléfono 986 847 074.