IX CERTAME DE FOLK RADIO OBRADOIRO
Xoves, 10 Xaneiro 2008 09:43
O Grupo Correo Gallego, a través da emisora Radio Obradoiro, convoca a novena edición do certame de música folk en Santiago de Compostela, no que poderán participar tódolos grupos ou solistas de música folk, instrumental ou cantada que estén interesados.Cada grupo ou solista participante deberá enviar unha maqueta con tres temas (alomenos dous inéditos) a:
RADIO OBRADOIRO-EN CLAVE DE FOLK
Rúa Preguntoiro, 29
Santiago de Compostela - C.P. 15.704
No envío debe haber dous sobres.
- No primeiro irá a maqueta, cun lema por fóra.
- No segundo, o boletín de inscripción, que podedes atopar na páxina web de radio obradoiro, a fotocopia do D.N.I. de cada compoñente do grupo, unha fotografía, un teléfono de contacto e o título das cancións así como a súa orixe. Este segundo sobre tamén levará por fóra o lema do grupo.
O premio consistirá na gravación dun CD para o primeiro clasificado ainda que a organización resérvase a posibilidade de establecer algunha clase de compensación para o resto de finalistas. O prazo de recepción de maquetas remata o 29 de febreiro de 2008.
Consulta as bases BASES DO CERTAME
I.- Poderán participar tódolos grupos ou solistas de música folk, instrumental ou cantada.
II.- Non poderán tomar parte neste certame aqueles grupos/solistas que teñan asinado un contrato discográfico nin os gañadores das tres edicións anteriores.
III.- Cada grupo ou solista participante deberá enviar unha maqueta con tres temas (alomenos dous inéditos) a:
RADIO OBRADOIRO-EN CLAVE DE FOLK
Rúa Preguntoiro, 29
Santiago de Compostela - C.P. 15.704
No envío debe haber dous sobres.
- No primeiro irá a maqueta, cun lema por fóra.
- No segundo, o boletín de inscripción, a fotocopia do D.N.I. de cada compoñente do grupo, unha fotografía, un teléfono de contacto e o título das cancións así como a súa orixe. Este segundo sobre tamén levará por fóra o lema do grupo.
IV.- Serán seleccionadas catro maquetas (número que pode variar en función da calidade da interpretación), que pasarán á final. A escolla correrá a cargo da organización, sen coñece-la identidade dos grupos/solistas. Non se terá en conta a calidade da maqueta.
V.- A organización do certame comunicará ós finalistas a data e a hora nas que deben realiza-las probas e a actuación. A orde establecerase por sorteo días antes da celebración do concurso. Se o grupo/solista convocado non puidera estar presente, fará o propio no seu lugar un suplente dos tres que se seleccionarán na fase previa.
VI.- Os finalistas deberán facilitar á organización o raider e datos sobre instrumentos ou calquera outro accesorio que necesiten para a realización da súa actuación. A organización comprométese a instalar o escenario así como un equipo de son e iluminación.
VII.- Na final os grupos/artistas seleccionados deberán interpretar tres temas, alomenos dous orixinais e inéditos (non teñen porque ser os da maqueta).
VIII.- A composición do xurado será feita pública cando a organización o considere axeitado. Serán cinco persoas relacionadas co mundo da música.
IX.- O premio consistirá na gravación dun CD para o primeiro clasificado. A organización resérvase a posibilidade de establecer algunha clase de compensación para o resto de finalistas. O nome do grupo gañador farase público o mesmo día da realización da final. A organización poderá publicitalo en diferentes medios de comunicación. O premio poderá ser declarado deserto.
X.- O fallo do xurado será inapelable. A participación neste concurso implica o acatamento das bases, que están suxeitas a xustificadas modificacións. As maquetas poderán ser utilizadas por Radio Obradoiro para a súa difusión.
XI.- O prazo de recepción de maquetas remata o 29 de febreiro de 2008.