Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

Xa está no mercado o "PELO GATO 24". Este novo traballo está impulsado e producido pola Asociación de Gaiteiros Galegos, realizado por Casa de Tolos e coeditado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e PAI-Música. Trátase dun libro, un CD e un DVD co que AGG segue a apostar pola divulgación da música tradicional entre @s nosos cativ@s e "Pelo gato 24" preséntase como un bo xeito de materializar este obxectivo.

O CD de audio consta de 13 cantigas tradicionais para nen@s, que baixo a dirección musical de Paulo Nogueira e Magoia Bodega foron interpretadas por cantantes e músicos do prestixio de Leilía, Fuxan os Ventos, Migallas, Xabier Díaz, Mercedes Arribe, Sonia Lebedynski, Sra. Carmen, Xurxo Souto, César Longa, Begoña Riobó, Pancho Álvarez, Segundo Grandío, Xosé Liz e a charanga "Vai de Baile".

O DVD está formado por un docufilm dirixido por Pablo Carpintero e Gustavo Couto sobre os xogos tradicionais, ademais dun "Como se fixo" e os videoclips e playbacks das cantigas. Se queredes obter mais información, non deixedes de visitar a páxina web www.pelogato24.com

Os socios da AGG xa podedes mercar o voso exemplar do "Pelo Gato 24" a traves da Asociación. O prezo é de 10 € + gastos de envio contra reembolso. Podedes solicitalo a través do correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ben chamando ó número de teléfono 986 847 074. Tamén tedes a opción de mercalo directamente na nosa oficina situada na rúa Alfonso XIII, nº7 en Pontevedra. Lembrade que é unha oferta só para asociados.