Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

O Centro Cultural e Veciñal de Valladares organiza o 26 de Xaneiro de 2008 no Auditorio do novo Centro Veciñal e Cultural de Valladares, en Vigo, o concurso de Gaitas Nazario González "Moxenas". Terá lugar a partir das 18.00 h. e trátase dun concurso aberto, sen cota de inscrición, no que poderán participar todos os Gaiteiros que o desexen dentro dun único apartado de cuartetos tradicionais.

As solicitudes de inscrición serán gratuítas e dirixiranse , ben en persoa, ben por correo postal, electrónico ou fax, ao enderezo do Centro Veciñal e Cultural de Valladares que podedes consultar nesta nova, antes do 22 de xaneiro 2008.

CENTRO VECIÑAL E CULTURAL DE VALLADARES
ESTRADA XERAL DE VALADARES Nº 233
36.315 - VIGO
TELF.: 986 467053
FAX: 986 467052
Correo-e: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Os instrumentos obrigatorios para concursar serán: dúas gaitas, un bombo e un tamboril; non serán admitidos máis instrumentos dos enumerados nin menos, debendo os participantes vestir o traxe tradicional galego.

Os concursantes farán unha 1ª interpretación libre onde poderán interpretar unha ou varias pezas galegas, recollidas ou de autor. Os cinco mellores clasificados no apartado libre terán que facer unha segunda intervención cunha peza obrigada, “O San Campio é noso” de Nazario Gonzalez “Moxenas”, e coa suma destes dous apartados tomarase a decisión final do concurso.

Os premios do concurso son os seguintes:

— 1º Premio 800 euros
— 2º Premio 600 euros
— 3º Premio 400 euros

Aquí tedes un enlace para baixar a ficha de inscrición e consultar a partitura da peza obrigatoria " O San Campio é noso".