Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

O vindeiro 15 de Decembro do 2007 terá lugar no Teatro Rosalía Castro o Festival Folclórico no que será entregado o PREMIO “ IAR” DE FOLCLORE GALEGO correspondente a súa XVI edición, que este ano coincide co 25 Aniversario do Grupo de Bailes Populares “IAR”

Os interesados en presenciar esta nova Edición do premio “IAR” poden reservar as localidades (dúas invitacións) no telefono 981-13-36-46, en horario de 20:00 a 22:00 hrs. o día 10 de Decembro.

Podedes consultar nesta nova as bases que rexerán a XVI EDICIÓN DO PREMIO “IAR” DE FOLCLORE GALEGO no caso de estar interesados en participar no mesmo, ou ben propor candidaturas, o prazo atópase aberto ata o día 30 de Novembro do 2007.

Deberedes remitilas a :

XURADO PREMIO “IAR” DE FOLCLORE GALEGO
R /CERCA, 30 BAIXO 15.009 A CORUÑA
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
FAX:981133646

O fallo do xurado emitirase o vindeiro 10 de Decembro e a entrega do Premio terá lugar durante o FESTIVAL. Para rematar queremos animarvos a todos a que propoñades candidaturas e a que acudades o 15 de Decembro a participar neste evento.

Bases de participación no premio "IAR" PREMIO “IAR” DE FOLCLORE GALEGO

O Premio “IAR” de Folclore Galego nace no ano 1992, coa vontade de dar un recoñecemento público non crematístico, e coa finalidade de premiar cada ano a persoa física ou xurídica, grupo, asociación, entidade ou institución, á que se lle teña recoñecido o seu labor neste campo, durante a súa traxectoria, ou a que máis destacara durante o ano anterior no seu traballo polo folclore deste país.

Con posterioridade, acordouse valorar o desenvolvemento dunha traxectoria prolongada de traballo no folclore galego e no somentes ó labor no último ano.

As bases polas que se rexeu, dende o inicio ata o día de hoxe, a concesión anual do Premio “IAR” son as seguintes:


1. Poderá concorrer á obtención do Premio “IAR” toda persoa física ou xurídica, agrupación, asociación, entidade ou institución radicada en calquera parte do mundo, adicada á potenciación e fomento do folclore galego, nos eidos da investigación, música, baile, canto e vestiario; pódese outorgar incluso a título póstumo, segundo a valoración do xurado.

2.As candidaturas poderán presentarse directamente ou através de terceiras persoas que poidan propoñelas.

3.O prazo de presentación de candidaturas para o Premio “ IAR” estará aberto dende o 1 de outubro ata o 30 de Novembro do 2007, e nesta decimosexta edición valorarase o labor realizado ata o ano 2006 , en calquera das facetas relacionadas co folclore galego.

4.As candidaturas deberán ir acompañadas dun “currículo” do/a candidato/a e unha memoria dos traballos realizados ata o ano 2006.

5.As candidaturas deberán remitirse por correo ao Grupo de Bailes Populares “IAR”, sito en Rúa da Cerca 30-baixo, 15009 A Coruña, no correo electronico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou no FAX 981-13-36-46 ao coidado do Xurado Premio “IAR”.

6.O Premio “IAR” será outorgado por un xurado composto por tres persoas destacados do folclore galego, nomeadas pola Directiva do Grupo de Bailes Populares “IAR”, e o/a Presidente/a do Grupo de Bailes Populares “IAR”, que actuará como Secretario/a, con voz e sen voto. Ningún membro do xurado poderá ter relación directa con ningunha das candidaturas presentadas.

7.Non poderá presentarse o gañador dun Premio “IAR” anterior.
8.O xurado poderá declarar deserto o Premio, se non atopa méritos suficientes nas candidaturas presentadas.

9.O Premio “IAR” 2007 fallarase antes da celebración da XVI edición do Festival do Premio “IAR” de Folclore Galego, que terá lugar no Teatro Rosalía Castro, o día 15 de Decembro de 2007.

Asdo.: O Presidente da Sección de Folclore
Da A.V.V. Castrillón –urbanización Soto “IAR”

Servando López González