Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / COMUNICACIÓNS PARA O II CONGRESO DE ENSINANTES

COMUNICACIÓNS PARA O II CONGRESO DE ENSINANTES

AGG

A Asociación de Gaiteiros Galegos está xa a preparar o II CONGRESO DE ENSINANTES DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA, que terá lugar o 7, 8 e 9 de Decembro de 2007 en Santiago de Compostela.

O Auditorio de Galicia será o marco que acolla a congresistas, mestres, gaiteiros, artesáns ou simples afeccionados á música galega que teñan interés en profundizar na aprendizaxe dunha parte tan importante da nosa cultura.

Unha das formas de participar, ademais da presencial, é a través do envío de comunicacións. Toda persoa que queira expoñer algún tema relacionado co ensino da música tradicional poderá escribir unha comunicación e presentala no Congreso, despois da correspondente selección por parte do Comité Científico.

Para isto é necesario seguir unhas normas que podedes consultar a continuación. Esperamos contar coa vosa colaboración e que asistades a este importante evento relacionado co ensino e conservación do patrimonio cultural galego.

Normas para envio de comunicacións ENVIO DE COMUNICACIÓNS

As normas para a presentación de comunicacións serán as seguintes:

-O prazo de presentación dos resumos das comunicacións será ata o 16 de Novembro de 2007. O contido deberá ser enviado co seguinte formato: letra “Times New Roman”, tamaño 12, interliñado sinxelo. O contido deberá incluirse nunha páxina como máximo (1 cara). Ademais deberán indicarse os datos persoais do autor/es que presentan a comunicación.

-Entre o 19 e o 23 de Novembro o Comité Científico seleccionará as comunicacións aceptadas para a súa presentación no Congreso.

-A duración das comunicacións non deberá ser superior a 10 minutos de exposición

-Os autores poderán redactar o traballo in extenso ata o 21 de Novembro, data límite para que todos os relatorios e comunicacións poidan ser incluidas na documentación oficial do Congreso.

-O envío das comunicacións deberá realizarse por correo electrónico a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

-Tamén a través de correo ordinario a:

Asociación de Gaiteiros Galegos
Rúa Alfonso XIII, 7 – Of.8 36002 Pontevedra

Se tedes algunha dúbida podedes poñervos en contacto con nos no teléfono 986 847 074 (Roi ou Patri).