Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Deput. Pontevedra / Segunda reunión con José Juan Durán Hermida

Segunda reunión con José Juan Durán Hermida

Deput. Pontevedra

O pasado xoves 26 de maio de 2005 tivo lugar unha segunda reunión co Deputado Delegado de Cultura, D. José Juan Durán Hermida, e a Asociación de Gaiteiros Galegos.

Durante a mesma a AGG insistiu na paralización do convénio asinado entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación Gallega de Bandas de Gaitas y Percusión de la Provincia de Pontevedra, aportando as mais de 11.000 sinaturas recollidas que avalan a nosa proposta.

Mais información

Como conclusións da reunión indicar:
1.- O Deputado Delegado de Cultura comprometeu-se a instar a D. Hipólito Cabezas Gómez a paralizar a posta en marcha das escolas (convénio asinado entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación Gallega de Bandas de Gaitas y Percusión de la Provincia de Pontevedra).

2.- O vindeiro xoves continuaremos a reunión, para estudar mais polo miudo o proxecto que a Asociación de Gaiteiros Galegos apresenteou por rexistro de entrada o luns 23 e que podedes consultar en
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=45

Saudos