Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Deput. Pontevedra / Proposta desde a AGG á Deputación de Pontevedra

Proposta desde a AGG á Deputación de Pontevedra

Deput. Pontevedra

O luns 16 de maio solicitou-se entrevista co Presidente da Deputación de Pontevedra co obxecto de continuar as conversas sobre o convénio asinado entre a Deputación e a Asociación de Bandas de Gaitas y Percusión de la Provincia de Pontevedra. A dia de hoxe non temos resposta do organismo público.

Mais información

O luns 23 de maio foi apresentado no Rexistro da Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra o documento que podedes descargar en formato pdf na seguinte ligazón:

http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/uploads/agg-dp.pdf

asi como, de novo, reiterar a solicitude de audiéncia co Presidente da Deputación de Pontevedra.

Unicamente sinalar unha gralla: no documento apresentado aparece que temos 7.000 (sete mil) sinaturas solicitando a paralización do convénio cando deberan aparecer 10.000 (dez mil) sinaturas!

A esta altura continuamos a agardar a que a Deputación de Pontevedra teña a ben recibir-nos para continuar as conversas, tal e como se comprometeron na primeira reunión que tivemos.