Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Publicacións / Catálogo de músicos da Limia: Música Tradicional

Catálogo de músicos da Limia: Música Tradicional

Publicacións








Disponible en Livraria Torga, www.torga.net








O domingo 22 de maio de 2005 tivo lugar no Museo da Limia (Vilar de Santos) a apresentación do "Catálogo de Músicos da Limia: Música Tradicional". O acto converteu-se nunha festa para todos os convidados, auténtica xuntanza de músicos tradicionais. A vitalidade dos mesmos levou a pensar en organizar unha xuntanza anual con todos eles: Xuntanza de Músicos Tradicionais da Limia. O bó ambiente e a animación foron constantes durante a xornada festiva onde os protagonistas da obra, os músicos que axudaron á elaboración da mesma, desfrutaron compartindo música e experiéncias vitais cos seus colegas e con todos os asistentes ao acto.

Esta obra, ao igual que o Cancioneiro de Inzenga, está editada por Difusora de Artes, Letras e Ideas (www.difusora.org), e disponible na Livraria Torga www.torga.net

Na obra, coordinada por Cástor Castro, participaron:
Cástor Castro, Socorro Rúa, Iván Area, Roberto de Andrés, Félix Castro, María del Carmen Gil, e Pablo Carpintero.

O texto foi elaborado por Delfín Caseiro e Cástor Castro; a reportaxe fotográfica é obra de Alba Vázquez Carpentier.

Saiu unha nova en Galicia Hoxe o próprio Domingo 22 de maio: http://www.galicia-hoxe.com/periodico/20050522/Lecer/N61002.asp

Tamén en "La Voz de Galicia",
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=3750898&lnk=GAITA

"La Región" http://lri.laregion.net/cgi-bin/lri2/ver/edicion/pagina.pl?2005-05-23+60

"La Opinión de A Coruña"
http://www.laopinioncoruna.com/secciones/noticia.jsp?pIdNoticia=26408&pIdSeccion=13

"La Voz de Galicia"
http://www.lavozdegalicia.es/ed_ourense/noticia.jsp?CAT=115&TEXTO=3750898

"Cultura Galega"
http://www.culturagalega.org/noticia_arquivo.php?id=6289