Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Fondo pesar polo pasamento de Juan José Iglesias Pena

Fondo pesar polo pasamento de Juan José Iglesias Pena

Varios

201807 asubio_pontevedra 2 002Hoxe temos que informar dunha triste nova, dende a AGG queremos manifestar o noso pesar polo pasamento de Juan José Iglesias Pena.

Persoa ben querida do barrio dos Mariñeiros onde pasou toda a súa vida (na parroquia de S. Pedro de Visma da cidade da Coruña). Iniciou as súas actividades musicais en 1978, no seo da asociación xuvenil Xacarandaina; nela aprendeu a tocar o bombo e o tamboril, e integrouse no grupo de danzas co que participou en gran número de festivais en España e no extranxeiro.Formou parte como percusionista do grupo de baile da agrupación cultural Xilbarbeira; e do grupo de gaitas Asubío (ata a actualidade). Durante anos pertenceu ao grupo de mestres gaiteiros que acompañaban ao Ballet Galego Rey de Viana, e foi membro do Grupo de gaitas do IGAEM (co que gravou varios discos). E mesmo colaborou ocasionalmente con outros grupos da época (Os cinco de Galicia, Millo verde, Xiada, ...)

Dende a AGG compartimos a dor e lamentamos fondamente a súa perda.Que a Terra lle sexa leve.