Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / O vindeiro 29 N, Músicas para a igualdade na Tradescola

O vindeiro 29 N, Músicas para a igualdade na Tradescola

Varios

contraviolenciaxenero -pqO vindeiro 29N, a Tradescola, e a AGG organizamos ás 19.30 horas na Capela de Santa María (Lugo) unha actividade musical para a igualdade consistente na charla – concerto que leva por título “ Obradoiro de mulleres que cantan: subimos á escena ou mellor baixamos dela? ” que estará impartida por Branca Villares e por alumnado da Tradescola, concretamente por aulas de perfeccionamento de canto tradicional e de pandeira que poñerán a nota musical da actividade.
Esta actividade organízase co obxectivo de promover e facer visible o noso rexeitamento ante calquera tipo de violencia, e conta coa axuda da area de Cultura do Concello de Lugo e as instalación cedidas polo Centrad.

O aforo é limitado, e accederase por orde de chegada. Esperámoste!!!