Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / IX xornadas de baile tradicional organizadas pola AGG en Lugo

IX xornadas de baile tradicional organizadas pola AGG en Lugo

Varios

cartaz - pqA AGG organiza o domingo 8 de maio, unha nova edición de xornadas de baile tradicional. Nelas contaremos con obradoiros prácticos impartidos por Pedro Brañas, Carme Campo, Chus Caramés e Luis Prego.

Os obradoiros destas xornadas, patrocinadas pola Xunta e coa colaboración do CENTRAD, están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile tradicional, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición.

PROGRAMA:

10.15 - Apertura

10.30 - Obradoiro I: “O baile en Silvela” -  Pedro Brañas

12.00 – Descanso

12.30 - Obradoiro II: “Tornando ao bailar do Porriño” . Carme Campo e Chus Caramés.

14.00 – Remate sesión da mañá

17.00 - Obradoiro III: “O baile no Val do Dubra” -  Luís Prego

DATA: Domingo 8 de maio

LUGAR: CENTRAD (Rúa Chantada, s/n. Lugo)

INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.

* Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o domingo 1 para inscribirse, e a partir desa data se quedan prazas dispoñibles, cubriranse coas solicitudes de inscrición de non soci@s, por orde de chegada.

A celebración das xornadas levarase a cabo cumprindo todas a medidas de seguridade necesarias por mor da COVID-19.

A través de actividades como esta, pretendemos non só difundir a cultura tradicional, senón que ademais queremos fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo, contribuíndo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.

Anímate a participar!!!