Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / O VIII Memorial Henrique Otero "O Gaiteiro Do Fragoso" no vindeiro Recuncho da Palleta

O VIII Memorial Henrique Otero "O Gaiteiro Do Fragoso" no vindeiro Recuncho da Palleta

Varios

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez que nos presentará a VIII edición do Memorial Henrique Otero "O Gaiteiro Do Fragoso", que despois de dous anos nos que tivo que realizarse de xeito virtual, volve ao formato presencial. 

O VIII Memorial Henrique Otero "O Gaiteiro Do Fragoso" terá lugar, como é habitual, no Auditorio Martin Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo, o sábado 23 de abril.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.