Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Diversas versións da Danza de Espadas de Redondela, no vindeiro Recuncho da Palleta

Diversas versións da Danza de Espadas de Redondela, no vindeiro Recuncho da Palleta

Varios

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez, que nos falará dun tema tradicional recollido nos cancioneiros e que segue a ser a Danza de Espadas de Redondela e contorna. Comprobaremos como o tema en cuestión foi motivo de versións tradicionais, Folk e ata sinfónica na zarzuela de J. Guridi “A Meiga”. Un exemplo máis de tema tradicional que xa podemos escoitar en distintos xéneros musicais.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.