Volve o Memorial Henrique Otero
Xoves, 17 Marzo 2022 18:42
Despois de dous anos, nos que tivemos que homenaxear ao mestre de xeito virtual, nesta 8ª edición, que organizamos a AGG en colaboración co Conservatorio Superior de Música de Vigo e a Deputación de Pontevedra, por fin volvemos ao formato presencial. Será como é habitual, no Auditorio Martin Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo, o sábado 23 de abril.
Os grupos participantes nesta edición do Memorial, que estará adicada ao ciclo do ano nas obras de Henrique, son:
A SENEIRA
ALUMNADO DE IMTP DO CSM VIGO
BANDA DE GAITAS DA ETRAD
BREOGÁN DE MOAÑA
CANS DE PALLEIRO
JUAN PENA
O SON DO RÍO
OS CARUNCHOS
PENAVEIRA
RAIGAMES
SON DO ABRENTE
Henrique Otero Covelo, O Gaiteiro do Fragoso, como el mesmo quería que o lembrasen, foi un personaxe clave para comprender e coñecer boa parte do mundo da gaita en Galicia, en particular en Vigo e a súa comarca. Foi un dos mellores expoñentes da tradición gaitística galega, figura de transición entre o gaiteiro rural tradicional e o gaiteiro urbano, pero tamén entre o gaiteiro de oído tradicional e o gaiteiro músico actual.
Son moitos os méritos que habería que recoñecerlle a este gran gaiteiro, pero sen dúbida, o que maior pegada deixou para o futuro foi o de conseguir que foran recoñecidos, por primeira vez na historia, os estudos oficiais de gaita galega polo MEC no ano 1977.
Dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s gustarianos contar coa vosa presencia neste Memorial, esperámosvos a tod@s o vinderio día 23!!