Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

O vindeiro 18 de agosto do 2007 ás 17:00 h, na Praza do Gaiteiro en Soutelo de Montes, celebrarase o concurso de Música Tradicional "Avelino Cachafeiro" que como cada ano, ten lugar por estas datas.

Trátase dun concurso aberto, sen cota de inscrición, no que poderán participar tódolos Gaiteiros que o desexen dentro dun único apartado. A inscrición é totalmente gratuita e deberán recibirse antes do día 10 de agosto de 2007.

Todos aqueles que estén interesados en participar poderan optar ós seguintes premios:

— 1º Premio 1.200 euros
— 2º Premio 900 euros
— 3º Premio 600 euros
— 4º Premio 450 euros
— 5º Premio 300 euros

Bases completas do concurso BASES DO CONCURSO "AVELINO CACHAFEIRO"

1.—Este será un Concurso aberto, sen cota de inscrición, no que poderán participar tódolos Gaiteiros que o desexen dentro dun único apartado.
2.—As solicitudes de inscrición serán gratuítas e dirixiranse ó Concello de Forcarei, e deberán recibirse antes do día 10 de agosto de 2007. Cada Gaiteiro proporcionará coa inscrición (anexo I) debidamente
cumprimentado así coma as partituras das pezas a interpretar, o curriculum e a certificación da conta bancaria, segundo o modelo de inscrición que se lle facilita.
A orde de participación será inversa a orde de inscrición.
3.—O número de participantes será limitado a 20 por estricto orde de inscrición.
4.—Tódolos participantes deberán levar o traxe tradicional Galego e ir acompañados dun Percusionista, que poderá utilizar calquera tipo de percusión Galega.
5.—Os Gaiteiros Participantes estarán diante do escenario, na Praza do Gaiteiro en Soutelo de Montes, o día 18 de agosto do 2007 ás 17:00 horas.
6.—Tódolos Gaiteiros teñen a obriga de permanecer o pe do escenario, mentres actúa o Gaiteiro que lle precede.
7.—Os Concursantes farán unha 1ª interpretación Libre onde poderán interpretar unha ou varias pezas Galegas, recollidas ou de autor, non excedendo os 5 minutos de actuación, sendo penalizado cun punto
de penalización por cada 10 segundos de exceso así coma o non achegarse o tempo establecido por cada dez segundos por debaixo dos 4’30” minutos.
8.—O veredicto do Xurado cos Gaiteiros que se clasifican para a Fase Final darase a coñecer ó remate da fase eliminatoria.
9.—Os cinco mellores clasificados no apartado libre terán que facer unha segunda intervención cunha Peza obrigada que será escollida dentro do repertorio do Gaiteiro de Soutelo, téndose en conta a fidelidade o xeito de tocala ó Mestre Avelino Cachafeiro, e coa suma destes dous apartados tomarase a decisión final do Concurso.
10.—Para recoller o Premio deberán subir o escenario o Gaiteiro co seu Acompañante vestidos co Traxe Tradicional.
11.—Os Participantes inscritos no rexistro do Concello de Forcarei que non leven premio recibirán en concepto de Axuda ou gastos de desprazamento a cantidade de 40 euros.
12.—O Xurado estará composto por cinco persoas de recoñecido prestixio dentro da música tradicional Galega, e seguirase o sistema de puntuación eliminatorio, contabilizándose así as tres puntuacións medias, anulando a puntuación máis alta e a máis baixa.
13.—A decisión do Xurado será inapelable.

PREMIOS
— 1º Premio 1.200 euros
— 2º Premio 900 euros
— 3º Premio 600 euros
— 4º Premio 450 euros
— 5º Premio 300 euros.


ANEXO I

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN IX CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL “AVELINO CACHAFEIRO” GAITEIRO DE SOUTELO

Esta inscripción implica o aceptar tódalas Bases do Concurso. Podedes enviala por fax ou correo postal.

FAX:986 75 46 03/ 986 75 40 82

Alcalde do Concello de Forcarei
Plaza da Igrexa, 1
36550 Forcarei