Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A XXXIII Xuntanza de Gaiteiros, organizada pola Entidade Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene, no vindeiro Recuncho da Palleta

A XXXIII Xuntanza de Gaiteiros, organizada pola Entidade Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene, no vindeiro Recuncho da Palleta

Varios

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Ramón Dopico, que nos falará da XXXIII Xuntanza de Gaiteiros, organizada pola Entidade Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene, e que terá lugar o sábado día 30 de outubro de 2021 a partir das 19.30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene).

Nestas xuntanzas, ademais da participación de distintas bandas, grupos ou músicos, aproveitan a ocasión para realizar unha homenaxe a algunha persoa, grupo ou entidade que se caracterizou por gardar, recoller, recuperar e dar a coñecer a nosa música tradicional.

Nesta XXXIII Xuntanza homenaxearán a Os Viqueiras.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.