Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Xoan Carlos Rilo Fraga ven de presentarnos o primeiro traballo discográfico que fai en solitario, "O ronsel do meu sentir"

Xoan Carlos Rilo Fraga ven de presentarnos o primeiro traballo discográfico que fai en solitario, "O ronsel do meu sentir"

Varios

portada cdXoan Carlos Rilo Fraga ven de presentarnos o primeiro traballo discográfico que fai en solitario. Trátase dunha escolma de temas da súa autoría na que mistura gaitas (en 11 afinacións diferentes) cos instrumentos de percusión máis relevantes da nosa música tradicional; todos eles tanxidos por el.

Co título “o ronsel do meu sentir” tratou de amosar con claridade o seu peculiar e persoal estilo de concebir a gaita: dozura e sensibilidade, paixón i emotividade , sinxeleza e complexidade, tradición e por que nón, modernidade.

Partituras de cadanseu instrumento, (que poderás atopar na súa páxina web)…….unísonos, contracantos, cuartas, quintas, sextas, oitavas, ….. cuartetos, bandas de gaitas ou mesmo outras formacións.

Co tema titulado “Coraxe”, fai a súa contribución especial aos afectados por Covid-19. Polifonía, armonía e afouteza….. (enlace deste emotivo video    https://youtu.be/H2X7xMGiUOw)

Toda a información (partituras, videos, imaxes...) en: www.xoancarlosrilo.com