Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames / CASTING PARA UN NOVO PROGRAMA DA CRTVG

CASTING PARA UN NOVO PROGRAMA DA CRTVG

Concursos e Certames

A Compañía de Radio Televisión de Galicia prepara un novo concurso, “Buscando estrelas”, que xurde tras o éxito obtido polo programa “Son de Estrelas”, presentado por Teté Delgado.

Dentro do concurso, haberá tres categorías diferentes: baile de salón (por parellas), humoristas (individual) e música tradicional. Os concursantes da categoría de música tradicional deberán ser parellas de Gaiteiro e Percusionista, e neste caso o percusionista poderá elixir o instrumento que prefira: tambor, tamboril, pandeireta, tarrañolas, etc.

Ademais das aptitudes amosadas en cada disciplina, valoraranse aquelas cualidades que fagan ao concursante atractivo para o espectador: carácter desinhibido, sen complexos, capacidade para mobilizar a veciños e amigos, etc...

O CASTING ESTASE PLANIFICANDO PARA A SEMANA DO 6 Ó 10 DE AGOSTO.

Todos os interesados pódense poñer en contacto con Fernando (655 279 858) ou solicitar mais información nos teléfonos seguintes: 629 281 245 / 629 611 068