Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A TRADESCOLA CELEBRA AUDICIÓNS DE FIN DE CURSO DURANTE TODA ESTA SEMANA

A TRADESCOLA CELEBRA AUDICIÓNS DE FIN DE CURSO DURANTE TODA ESTA SEMANA

Varios

festivalfincurso2021 web 2A Tradescola realizará ao longo desta semana distintas audicións de fin de curso protagonizadas polos alumnos e alumnas da Tradescola. Con estos actos, a Tradescola chega á recta final do curso 2020-2021 no que participaron preto de 250 alumn@s en aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, pandeira e linguaxe musical ademais das aulas específicas para os máis pequenos.

Como as circunstancias aínda impiden rematar o curso cunha única celebración como faciamos outros anos, na Tradescola decidimos levar a cabo varias audicións de fin de curso no Centro Cultural do Vello Cárcere de Lugo.

Para o seu funcionamento, a Tradescola conta coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo e para a celebración deste fin de curso conta coa colaboración do Concello de Lugo.