Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / VIII edición das Xornadas de Baile tradicional

VIII edición das Xornadas de Baile tradicional

Varios

cartaz viii_xbailelu - pqO vindeiro domingo 23 de maio a AGG organiza a VIII edición das  Xornadas de Baile tradicional que terán lugar no Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) en Lugo. Nestas xornadas, patrocinadas pola Xunta de Galicia, e que contan coa colaboración do Centrad (dependente da  Área de Deportes, Artesanía e Deseño, Memoria Histórica da Deputación de Lugo), contaremos con relatorios - obradoiros guiados por profesionais no mundo do baile tradicional como Montse Rivera, Olga Kirk e Xabier Iglesias.

Os obradoiros destas xornadas (non son de iniciación) están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile galego, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición.

PROGRAMA:  VIII XORNADAS DE BAILE TRADICIONAL

  • 11.00 - Apertura
  • 11.00 - Relatorio-obradoiro I

                               “A Regueifa como baile de voda”. Montse Rivera

                               11.45 obradoiro parte I

                               12.45 obradoiro parte II

  • 14.00 – Xantar
  • 16.30 - Relatorio-obradoiro II

                               “O Baile en Tordoia”. Olga Kirk

  • 18.00 – Descanso
  • 18.15 - Relatorio-obradoiro III

                               “O Bailar na Terra Chá”. Xabier Iglesias

DATA: Domingo 23 de maio

LUGAR: Centrad (Rúa Chantada S/N - Lugo)

INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.

* Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o domingo 16 de maio para inscribirse, e a partir desa data se quedan prazas dispoñibles, cubriranse coas solicitudes de inscrición de non soci@s, por orde de chegada.

* A celebración das xornadas está suxeita á situación sanitaria do momento, e levaranse a cabo cumprindo todas a medidas de seguridade necesarias por mor da COVID-19.

Estas xornadas, organizadas pola AGG en colaboración coa Xunta de Galicia, constitúen sen dúbida unha cita ineludible, non so para todas aquelas persoas que traballan no entorno da baile tradicional, senón tamén para todos e todas aquelas que queiran saber máis das nosas tradicións.