Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / VIII Certame de debuxo sobre o baile tradicional e os Instrumentos da música tradicional galega organizado pola Tradescola

VIII Certame de debuxo sobre o baile tradicional e os Instrumentos da música tradicional galega organizado pola Tradescola

Varios

tradescolaDende a Tradescola, (escola de música e baile tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo) en colaboración coa Área de Cultura da Deputación de Lugo, presentamos o VIII Certame de debuxo sobre o baile tradicional e os Instrumentos da música tradicional galega. A finalidade desta actividade, dirixida ás nenas e nenos de primeiro, segundo e terceiro curso de primaria dos centros de ensino da provincia de Lugo, é potenciar e difundir entre os máis pequenos a nosa música e o noso baile tradicional, axudar a que coñezan os nosos instrumentos, a nosa historia e costumes dun xeito natural dende os primeiros anos, para garantir a conservación das nosas tradicións e, en definitiva, do noso patrimonio cultural.

Aquí tedes as bases e o folio para facer o debuxo para que participedes. Podedes imprimir o axunto, facer o debuxo, e enviárnolo por mail á Tradescola* ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) ata o día 31 de maio de 2021.  *o debuxo deberá vir asinado pola nai, pai ou titor@ legal, en proba de autorización para a participación no certame

Animádevos a participar, entre outros agasallos, poderedes conseguir un concerto didáctico de música tradicional para o voso cole, e o gañador do certame terá a posibilidade de asistir á Tradescola o vindeiro curso de balde !! (Tedes toda a información nas bases)!!.

Calquera dúbida, podedes poñervos en contacto con nós no tlf. 982 229 966.

Esperamos os vosos debuxos!!